Presentación | Programa 2006 | Patrocinadores | Expositores | Colaboradores
Aloxamento e Comidas | Galería 2006 | Ed. 2005 | Expo Inega | Edicións | Contacto
   Presentación

 

Benvidos á páxina que Axober creou con motivo da celebración das II Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético.

Vistas as conclusións das I Xornadas de Enerxías Renovables "A Enerxía Solar", que esta Asociación realizou en xuño de 2005, e nas que o éxito foi máis que notable, decatámonos que as Enerxías Renovables espertan un gran interese, tanto en sectores profesionais coma no público en xeral.

Polo tanto, Axober quere afrontar o reto de renovar e consolidar a aposta que fixo por este tipo de enerxías, e nun ambiente coloquial e de proximidade, facer chegar dunha maneira clara e axeitada a información aos sectores implicados, tales coma, construción, fontanaría, electricidade,... e consumidores.

Ademais, queremos dar a oportunidade a todas as empresas, que pola súa actividade teñan relación coas Enerxías Renovables, para que presenten as novidades e produtos neste campo, poñendo a súa disposición máis de 1200m2 de superficie, baixo carpa, especialmente acondicionada para o evento.

Axober espera aportar con estas accións, dende a comarca de Bergantiños, os coñecementos e experiencias a todos os profesionais, e abrir un novo espectro a todo o público en xeral, pois en definitiva é este quen ten a última palabra como beneficiario destas novas enerxías.

Xornadas patrocinadas por:

 
 
index