Expositores | Aloxamento e Comidas | Expo Inega | Edicións | Contacto |
   Presentación

 

Benvidos á páxina que Axober creou con motivo da celebración das III Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético.

Este ano, coa organización das "III Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético" e apoiándonos na experiencia das edicións anteriores, queremos afrontar un novo reto de superación .

Nestas Xornadas seguirase ampliando a información acerca da Enerxía Solar, Eólica, Hidráulica, Biogas, Bioetanol, Biomasa,.... Seguindo a liña de actuación marcada na última edición, nas que xa participaron empresas de ámbito internacional, instalarase unha carpa de 1.200 m2 de superficie, onde se expoñerán as últimas novidades neste campo.

Axober espera aportar con estas accións, dende a comarca de Bergantiños, os coñecementos e experiencias a tódolos profesionais, e abrir un novo espectro a todo o público en xeral, pois en definitiva é este quen ten a última palabra como beneficiario desta nova fonte de enerxía.