Aloxamento e Comidas | Patrocinadores | Colaboradores | Contacto |
   Presentación

 

Benvidos á páxina das IV Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético.

Un ano mais AXOBER afronta o reto de organizar as IV Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético. Apoiándonos na experiencia de edicións anteriores e seguindo a mesma liña de actuación en canto ao desenvolvemento organizativo, queremos que a innovación en canto a temas que se trataran nas ponencias sexa o sinal de identidade do 2008 .

Axober, tendo sempre presente que o seu propósito é difundir os coñecementos e experiencia a tódolos profesionais e ó público en xeral, elaborará un programa que amplíe coñecementos impartidos anteriormente, alternándoo coas últimas novidades neste sector.

Entre as novidades que podemos destacar este ano está, un Simposio dedicado ó Medio Ambiente e ó Cambio Climático. Tamén se ampliará o coñecemento sobre outras fontes de enerxía, tales como a mareomotriz e a xeotérmica.

Como en edicións anteriores instalarase unha carpa de 1.200 m2 de superficie na que se exporán as últimas novidades no campo das enerxías renovables.