Aloxamento e Comidas | Patrocinadores | Colaboradores | Contacto |
   Novas

Warning: opendir(../upload/not/) [function.opendir]: failed to open dir: No such file or directory in /docroot/xornadas/2008/include/func.php on line 35

Warning: readdir(): supplied argument is not a valid Directory resource in /docroot/xornadas/2008/include/func.php on line 36

Warning: closedir(): supplied argument is not a valid Directory resource in /docroot/xornadas/2008/include/func.php on line 42

XORNADAS DE ENERXÍAS RENOVABLES, AFORRO ENERXÉTICO E MEDIO AMBIENTE (29-05-2010)
Finalización das Xornadas

AS XORNADAS DE ENERXÍAS RENOVABLES, AFORRO ENERXÉTICO E MEDIO AMBIENTE DE CARBALLO FINALIZAN MAÑÁN CON TEMAS COMO A ENERXÍA SOLAR TÉRMICA OU OS RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS

• Unha ducia de expertos de recoñecido prestixio participaron na quinta edición destas xornadas
• Máis de 220 de persoas, a maior parte con perfil profesional, asistiron ao congreso

Carballo, 29 de maio de 2010. As Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente que organizou a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños – Axober- esta fin de semana en Carballo finalizan mañán cunha última sesión onde se abordarán temas coma os residuos sólidos urbanos ou a enerxía solar térmica. Esta quinta edición destacou polo seu éxito de asistencia con máis de 220 persoas, a maioría cun perfil profesional.
A xornada do día 29 contará coa presenza de Detta Schaeffer, Responsable Técnico de Sonnenkraft España, que falará sobre a aplicación dos distintos sistemas de enerxía solar térmica.
Salustiano Mato De La Iglesia, Doutor en Bioloxía, Catedrático de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, e novo reitor desta institución, centrarase en “Enerxía e medio ambiente nun mundo sostible”.
A continuación será o turno de Luis Lamas Novo, avogado e Presidente de Sogama, sociedade de capital público e privado que se ocupa da xestión de residuos sólidos urbanos e que depende da Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Política Teritorial.
Raúl Zorita Díaz, Enxeñeiro Agrónomo, experto en Medio Ambiente e Fondos Europeos, participará cunha ponencia baixo o título “A Conferencia de Copenhague e a súa nnfluenza nas estratexias enerxéticas”. Zorita é un experto coñecedor das políticas ambientais da Unión Europea e, ata a súa recente xubilación, un dos funcionarios europeos máis veteranos de España.
 
ÉXITO DE ASISTENCIA (29-02-2010)
V Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente

• Máis de 220 de persoas, a maior parte profesionais, participan nestas xornadas que se inauguraron onte

• No día de de hoxe as ponencias centraranse, entre outros temas, na enerxía maremotriz e as auditorias enerxéticas

• O congreso, que está a contar cun panel de expertos de recoñecido prestixio, clausúrase mañá

Carballo, 29 de Maio de 2010. Éxito de asistencia nas Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente que organiza a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños – Axober- esta fin de semana en Carballo. Máis de 220 persoas, a maior parte cun perfil profesional, están a participar neste congreso, que acada este ano a súa quinta edición.
O segundo día das xornadas abriuse cunha ponencia sobre as auditorías enerxéticas, a cargo de Xosé Manuel Golpe Acuña, Técnico en enerxías renovables e eficiencia enerxética da Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (Faepac).
A continuación interveu Sara Cacabelos Reyes, Técnica de Suanier Duval, cunha ponencia sobre “A bomba de calor e as súas distintas versións”. Por parte do Grupo Baxiroca participará Javier Maestre Benítex, que se centrará na microcoxeración.
Xa pola tarde intervirá Gregorio Iglesias Rodríguez, Doutor Enxeñeiro de Camiños Canais e Portos e Profesor titular da USC. Falará sobre as vías de desenvolvemento da enerxía maremotriz e a enerxía mareotérmica na nosa comunidade.
As xornadas, que se clausuran mañá, presentan un amplo programa que conta coa presenza de máis dunha ducia de ponentes de recoñecido prestixio .
 
INAGURACIÓN OFICIAL (28-05-2010)
V Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente

AS XORNADAS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE CARBALLO CONSOLÍDANSE COMO A REFERENCIA GALEGA NO SECTOR

• O presidente de Axober, o alcalde de Carballo e o director do INEGA participaron no acto de inauguración do congreso
• Máis de 200 persoas formalizaron a súa inscrición On-Line no evento que organiza a asociación de xóvenes empresarios de Carballo, AXOBER.

Carballo, 28 de maio de 2010. Esta mañá foron inauguradas as quintas Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente que organiza Axober en Carballo. Este congreso consolídase como a referencia galega na divulgación a nivel técnico do mercado e o sector das enerxías renovables. O presidente da entidade organizadora, José Figueiras, recordou que as xornadas de Carballo foron “pioneiras en Galicia en asumir con responsabilidade a necesidade de afondar no papel das enerxías limpas e impulsar a súa implantación en Galicia. Logo chegaron outras citas semellantes na xeografía galega, pero ao final a de Carballo é a que se mantén no calendario, iso si, con moitos esforzos”.

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
O presidente de Axober tamén se referiu ao momento económico que vive a sociedade e á necesidade de dinamizar a creación de emprego. “Creo que a mellor forma de loitar contra a crise é a de poñer ao alcance dos empresarios ferramentas e coñecementos para ser máis competitivos e xerar emprego”, dixo. José Figueiras explicou que os obxectivos deste evento son os de abordar “as oportunidades de negocio, o análise dos resultados de avances e investigacións e a procura de sinerxias positivas entre os empresarios e as persoas interesadas no aproveitamento sostible das enerxías renovables”.
Pola súa banda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, salientou que as enerxías renovables son “unha oportunidade” para afrontar a actual situación económica. Dixo que o aforro e a eficiencia das instalacións de enerxías renovables teñen que animar á cidadanía a apostar por este tipo de fontes de enerxía.
O acto inaugural completouse coa conferencia impartida por Eliseo Diéguez García, director do INEGA, quen fixo una fonda análise do presente e futuro das enerxías renovables en Galicia.
Durante tres días expertos de distintos campos das enerxías limpas falarán en Carballo sobre eficiencia enerxética, aforro, sostebilidade e medio ambiente abordando aspectos técnicos, administrativos e divulgativos. A organización salientou o número de inscritos, que supera as duascentas persoas, aínda que as xornadas están abertas á participación do público en xeral.
 
NOTA DE PRENSA (21-05-2010)
V Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente

• Máis dun cento de persoas xa confirmaron a súa participación no congreso
• Carballo convértese na capital galega da sostebilidade e o aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables cun amplo programa de conferencias de alto nivel
• Entre o 28 e o 30 de maio as Xornadas reunirán a expertos e profesionais do sector das enerxías, tanto instaladores coma técnicos, arquitectos, traballadores ou estudantes

Carballo, 21 de Maio de 2010. Máis dun cento de persoas xa se inscribiron para asistir ás Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente que organiza a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños – Axober- os días 28, 29 e 30 de maio en Carballo. A participación nas xornadas é de carácter gratuito e o prazo está aberto ata o 27 de maio. Todos aqueles que desexen inscribirse deben facelo a través desta Web
Na quinta edición deste congreso daranse cita expertos e profesionais do sector das enerxías, tanto instaladores coma técnicos, arquitectos, traballadores ou estudantes. A pesares do seu marcado carácter profesional, a organización tamén fai un esforzo pola divulgación do emprego das enerxías limpas entre a cidadanía acompañando as Xornadas coa habitual exposición que se situará nunha carpa ao carón do Pazo da Cultura de Carballo.
As xornadas contan co apoio da Xunta de Galicia a través do INEGA, o Concello de Carballo, a Deputación Provincial ou entidades coma Sogama. A pretensión primordial da organización é ofrecer un marco dende o que facer unha análise actual das enerxías renovables en Galicia, as posibilidades de negocio deste nicho de mercado nos ámbitos doméstico e industrial, os avances e investigacións e, sobre todo, manter informado ao profesional das últimas novidades deste prometedor campo.
O amplo programa conta coa participación de máis dunha ducia de expertos de recoñecido prestixio nas distintas ponencias das Xornadas. Entre eles figuran especialistas de fabricantes coma Saunier Duval, Baxi Roca, Sonnenkraft ou o grupo Gas Natural.
 
XORNADAS ENERXÍAS (13-05-2010)
Presentación das V Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente

Neste acto, que tivo lugar as 19:15 horas, presentouse, ademais da imaxe, o programa de ponencias que se desenvolverá ao longo dos tres días, cun total de 15 expertos de recoñecido prestixo.
O Presidente de Axober destacou o grado de dificultade que supón a organización deste evento nun momento de crise como o que estamos a vivir.
Por outra parte o Alcalde de Carballo expresou o desexo de que Carballo se convirta neses días nun lugar de intercambio de pareceres e onde se creen oportunidades de negocio.
 
PRESENTACIÓN (12-05-2010)
V Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente

Hoxe terá lugar a presentación dsa V Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente.
O acto terá lugar no local de Axober ás 19:15.
Asistirán, ademáis do Presidente e membros da Xunta Directiva de Axober, o Alcalde de Carballo e o Concelleiro de Promoción Económica.

Hemeroteca: 2007 · 2008 · 2009 · 2010